TALLERES VELAS & AMBIENTADORES ARTESANAIS
Elaborados con cera de soia vexetal, productos naturais e materiais reciclables.
No noso taller, aprenderás paso a paso a crear as túas propias velas e ambientadores de cera de soia vexetal. A elaboración é totalmente artesanal, usando productos naturais e materiais reciclables.
A duración é de 2h, nelas ensinarémosche o proceso completo, dende a elección da cera, o correcto uso dos aromas e posteriores cuidados unha vez rematada a fabricación.
Ademáis, poderás decorar e darlles o toque persoal cos diferentes aromas e decoración botánica.
Ó final, levarás para a casa as túas propias creacións, listas para aromatizar e decorar o teu espazo.
Pero, a experiencia no só é facer velas e ambientadores, tamén desfrutar do ambiente creativo, relaxante e divertido.
Así que, para rematar, teremos un pequeno picoteo durante o cal poderemos compartir a experiencia.
Perfecto para autoregalar, regalar a unha persoa especial, cómo actividade grupal ou de parella.
*Todos os materiais están incluídos.
* Aforo máximo 8 persoas
55€
_edited.jpg)
VELA AROMÁTICA DE SOJA

AMBIENTADOR SÓLIDO DE SOJA

PICOTEO
PRÓXIMAS DATAS:
. VENRES 25 DE ABRIL 18:00H - 20:00H
. SÁBADO 10 DE MAIO 11:00H - 13:00H
. SÁBADO 31 DE MAIO 11:00H - 13:00H
























